Como consecuencia da Asamblea Xeral do pasado venres esta ANPA conta dende xa coa súa continuidade garantizada, xa que despois dunha breve introducción do Presidente pouco a pouco varias mans asomaron entre o conxunto de nais e pais que alí se atopaban.
Entre 8 e 10 persoas, mulleres na súa totalidade, ofreceron o seu tempo para seguir coas labores que a Xunta Directiva desta ANPA ten encomendadas e que redundan non beneficio de toda a comunidade educativa no noso colexio.
Nos tempos que corren, en que o voluntariado é o único xeito de xestionar determinadas actividades, é de agradecer que siga habendo xente disposta a sacrificar parte da súa vida familiar, do seu lecer, en beneficio do resto.
Por iso, dende a Xunta Directiva actual, ofrecemoslles dende xa o noso apoio e a nosa axuda para manter unha linea de estabilidade na xestión do comedor, das actividades extraescolares e da organización das diversas actividades orientadas ó beneficio dos nosos fillos e fillas.
5 comentarios:
Enhorabuena a "los/as salientes" porque lo han hecho muy bien.
Un aplauso a la Junta Directiva saliente. El listón ha quedado muy alto.
Felicitaros por vuestro trabajo y por estar siempre ahí. Me saco el sombrero ante tod@s vosotr@s.
Moitas grazas polas felicitacións e polo apoio. O que fixemos e o xeito en que o fixemos foi sempre pensando en todos e todas vós e os vosos fillos e fillas... e en cómo nos gustaría que nos trataran a nós mesmos e aos nosos fillos e fillas; na comodidade e na optimización dos recursos da ANPA.
Ata sempre, unha aperta.
Moitisimas gracias por estar todo-los días velando polos nosos nenos.
Publicar un comentario en la entrada