miércoles 19 de mayo de 2010

Campamento de verán no García Barbón

Xa o ano pasado esta ANPA organizou un campamento urbano no verán que tivo bastante éxito para ser a primeira vez que se organizaba. As nenas e nenos que participaron tiveron unha morea de actividades entretidas ó tempo que consolidaban o seu nivel de inglés.

Este ano, diante da crise que afecta a tantas economías domésticas, a ANPA optou por organizar un campamento menos costoso (ainda que non fora en inglés) para facilitar as condicións de acceso a este novo servizo.

Os principais detalles deste CAMPAMENTO URBANO NO GARCÍA BARBÓN son:

Empresa organizadora:

Animar-T

Periodos de estancia no campamento:

  • Do 23 de Xuño ó 30 de Xullo

  • Do 23 ó 30 de Xuño

  • Do 1 ó 15 de Xullo

  • Do 15 ó 30 de Xullo

Horarios:

  • 9:00 – 14:00

  • 7:30 – 14:00

  • 9:00 – 16:00

  • 7:30 – 16:00

Excursións que están programadas e que se realizarán se hai un mínimo de 20 participantes:

  • Excursión ó museo Verbum

  • Excursión ó Zoo de Vigo


PREZO dos diversos horarios e actividades:

MES

HORARIO ESCOLAR

7:30 – 14:00 ó 9:00 – 16:00

7:30 – 16:00

Xuño

70,00 €

75,00 €

80,00 €

1 quincena

110,00 €

120,00 €

130,00 €

Xullo

150,00 €

160,00 €

170,00 €

Xuño e Xullo

180,00 €

190,00 €

200,00 €

PRECIO EXCURSIÓNS

Museo Verbum e Paseo Samil

12,00 €

Zoo de Vigo

12,00 €


Máis detalles importantes:

  • Para a realización do campamento e das excursións precísase un mínimo de 20 asistentes.
  • Hai que ingresar o 50% do prezo total antes do 15 de xuño, O pago restante efectuarase antes do 7 de xullo. Concepto: nome completo do/a neno/nena.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a neno/a.

  • Número de conta: 2091 0572 14 3000010198 – Caixa Galicia

  • Contacto coa empresa organizadora: 653 288 267 ou contratación @ animar-t.com

  • Autorización: a empresa Animar-T editará un CD con fotos do campamento. Se non desexa que o/a seu/súa fillo/a apareza nesas fotografías, por favor, fáganolo saber.

O PRAZO REMATA O 1 DE XUÑO e as solicitudes entregaranse na ANPA do colexio García Barbón.

Para calquera información pódense poñer en contacto con nós no seguinte teléfono:


  • 660 175 215 ANPA (de 9:00 a 9:30 e de 16:00 a 18:00)


1 comentarios:

Anónimo dijo...

Menos mal, un campamento a un precio decente.
Yo anoté a mi hijo y está deseando ir.
Lo habéis hecho muy bien.
Gracias.