Durante toda a fin de semana haberá en Vigo actividades en col da literatura:

- GRAVACIÓN DE TEXTOS DE UXÍO NOVONEYRA (de 10 a 19 horas)
- ESPECTÁCULO TEATRAL PARA TODOS OS PÚBLICOS (12 e 18 horas) Para conmemorar o Día das Letras Galegas o VERBUM oferta este espectáculo teatral especialmente deseñado e producido para o Verbum, que nos axudará a ampliar o panorama cultural e artístico da exposición permanente, verdadeira protagonista da representación. O espectáculo, inspirado nos contidos da propia exposición, está escrito pola dramaturga María Fernanda Cosín e dirixido pola galega Ana Carril. AFORAMENTO LIMITADO A 50 ASISTENTES POR SESIÓN. DURACIÓN APROXIMADA: 50 MINUTOS
- CONCERTO "SONS NÚS" (19.30 horas) SONS-NÚS, un dúo no que a voz de Maite Dono e o contrabaixo de Baldo Martínez xúntanse a partir do jazz, o folclore, e a libre improvisación dando lugar a un proxecto sonoro e interpretativo no que a voz pode soar como instrumento a través da música dos poemas de Uxío Novoneyra, ou da propia Maite Dono, e onde o contrabaixo perfila música e expresión de todo o conxunto.
Trátase de obradoiros para familias dirixidos a nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos de idade que teñen lugar todos os domingos de 11:30 a 13:30 no Pazo de Castrelos. Non é necesaria a reserva. Os familiares que acompañan aos menores poden participar desta actividade ou deixalos ao coidado do persoal educador. Estas actividades son totalmente gratuítas. O número máximo participantes é de 15 nenos/as cun máximo de dous acompañantes.
Landriña, a mascota do Museo, é a encargada de presentar cada domingo un itinerario temático polo museo que inclúe xogos e actividades nas salas, seguido dun obradoiro de creación.
DOMINGO 16 DE MAIO "Landriña viaxa ao interior das paisaxes"
Landriña proporavos un itinerario polas súas paisaxes favoritas da colección do pazo, nas que observaredes cómo ademais de utilizar a liña e a cor, os/as artistas utilizan a luz e as sombras para crear ambientes e sensacións en función do que queren suxerir.
Coa axuda da vosa imaxinación viaxaredes ao interior destas paisaxes nas que descubriremos cores, olores, personaxes, animais... cos que crearedes
unha historia.
A aventura nas salas complétase cun xogo que ten coma base os cadros seleccionados e onde poñerán a proba a observación dos/as participantes.
No obradoiro converterédesvos en artistas e realizaredes a vosa propia obra na que teráedes que cambiar as cores dunha paisaxe a medida que avanza o día.
- Domingo 23 de maio: terá lugar "O ladrón de cores"
- Domingo 30 de maio: "Landriña descobre o retrato".
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada