lunes 5 de abril de 2010

Axudas Municipais para Libros e Comedor (Curso 2010/2011)



Hoxe,
5 de abril de 2010, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes das Axudas Municipais Escolares para adquisición de libros e comedor de cara ao vindeiro curso 2010-2011.

O prazo remeta o vindeiro día 16 de abril, así que os que estean interesados xa poden poñerse as pilas.

Aquí vos deixo uns enlaces interesantes:

Os requisitos e demáis información aparece na seguinte páxina do Concello de Vigo.

As solicitudes presentaranse nas Unidades Básicas de Acción social que correspondan en cada caso segundo localización do domicilio do solicitante. Para ver en que UBA lles toca poden ver o listado de rúas e relación de UBAS aquí.