A XUNTA DE GALICIA SUSPENDE AS ACTIVIDADES DE DEPORTE ESCOLAR DEBIDO ÁS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS
Ante a previsión existente, a Secretaría Xeral para o Deporte optou pola suspensión das actividades logo de escoitar a todas as partes implicadas na campaña de Deporte en Idade Escolar, que promove a Xunta de Galicia. Unha decisión tomada co obxectivo de evitar incidencias, xa que se espera durante o fin de semana unhas condicións climatolóxicas moi complicadas.
No caso que nos compete, que é a nosa ANPA, afecta aos equipos de baloncesto e futbol sala xa que, ademáis, as respectivas federacións decidiron suspender as competicións respectivas seguindo as recomendacións de prudencia diante das nefastas previsións meteorolóxicas para o sábado e, non tanto, para o domingo.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada