miércoles 24 de febrero de 2010

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Orgullos@s do galego

Martiño Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.

Nós tamén estamos orgullosos de contar cunha lingua que nos permite comunicarnos en calquera parte do mundo con milleiros de persoas e de levar como bandeira unha que non pesa nada no peto: a nosa lingua.



A Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística creou unha páxina web da que se poden descargar contidos como o vídeo que nós colgamos na nosa blog.

Hai máis cousas para poñer no voso espacio web ou para enviar por correo electrónico aos vosos amigos.

Se estades orgullosos do galego, entrade, copiade e enviade o que máis vos goste.